23/11/2024 Torneo Circuito Europeo de Cadetes de Grenoble
Os nosos tiradores Vera Pereiro e Gabriel Orro foron convodados unha vez mais para representar a España no Circuito de Cadetes europeo. Nesta ocasión a proba europea, seleccionada pola RFEE para a puntuación no ránking interno nacional, foi a 18ª edición do Epeé Challenge Mondial de Grenoble, que reúne a tiradores M17 de todo o mundo.
Nesta segunda participación Vera acadou o posto 128, e Gabriel o 144, sumando puntos moi importantes para continuar manténdose como seleccionables no ránking nacional, co obxectivo agora posto en acadar a clasificación para a seguinte proba que se celebrará en Bratislava.
A información da competición pode consultarse en Engarde.