26/10/2025 Concentración PFCAR Centro de Alto Rendemento Sant Cugat del Vallés
Na última seaba de outubro, xusto tras a copa satélite de Barcelona, a Federación Española de Esgrima organizou unha nova concentración PFCAR (Programa de Formación Contínua de Alto Rendemento) á que asistiu a nosa tiradora M17 Vera Pereiro grazas ó seu actual posto 6º no ránking nacional M17.
Este tipo de concentracións, orientadas á mellora da alta competición e nesta ocasión co obxectivo posto na preparación para os vindeiros campionatos europeos, son unha grande oportunidade de entrenamento, aprendizaxe e mellora o poder compartir días con tiradores de gran nivel tanto nacionais como internacionais, e permite tamén crear vínculos entre os tiradores dos múltiples clubes.
A concentración estivo dirixida por Ángel Fernández, adestrador do Equipo Nacional de Esgrima.
Sen dúbida outra gran experiencia coa que seguir acadando melloras técnicas.