22/9/2025 I TNR Espada Masculina M20 Amposta
Deu comezo a tempada nacional de esgrima, e, unha vez mais, fíxoo co M20 de Amposta, que este ano foi exclusivamente masculino, disputándose o sábado a competición individual e o domingo a de equipos.
100Tolos acudiu con Carlos Arita, Lois Longueira, Jorge Pereira, Ángel Rivas, Gabriel Orro, Telmo Miraz, Antón Franco e Adrián Vidal.
Carlos Arita, Lois Longueira, Jorge Pereira e Ángel Rivas chegaron ó cruce de 32. Pese a non poder superar ningún deles o cruce de 32, Carlos, tras unha espectacular poule con 6 victorias e 0 derrotas, acadou un gran posto 19. Lois Longueira, na súa primeira competición nacional M20, obtivo outro gran resultado rematando no posto 32. Jorge Pereira rematou no posto 40, e Ángel Rivas, de categoría M15 e tamén na súa primeira participación nun nacional M20, rematou nun gran posto 48. Gabriel Orro e Telmo Miraz, tamén no seu primeiro M20 nacional, Antón Franco o 125 e Adrián Vidal non acadaron superar o cruce de 128.
Toda a información da competición en Engarde:
https://engarde-service.com/co...
Na competición de equipos, bos resultados para os dous equipos de 100Tolos, 100Tolos-C2, con Antón Franco, Lois Longueira, Telmo Miraz e Adrián Vidal acadaron o 8º posto tras gañar os seus dous cruces de poule. 100Tolos-C1, con Carlos Arita, Gabriel Orro, Jorge Pereira, e Ángel Rivas, remataron no posto 12 tras obter 1 victoria e 1 derrota.
De novo, toda a información, na web de Engarde.