24/5/2025 - Liga Galega de Espada
A fin de semana do 24 de maio reuníronse en Silleda tiradores de toda Galicia para unha nova xornada da Liga Galega de Espada, evento lúdico - deportivo onde tiradores de todas as idades e categorías disfrutaron dun fantástico día de esgrima con todo tipo de probas dende unha macro poule de casi infinitos tiradores a probas por dúos tirando en paralelo.
Nesta ocasión as nosas tiradoras Lucila Antivero e Vera Pereiro achegáronse a disfrutar dun divertidísimo día de esgrima.
Fantástica laboura de organización e confraternización organizada polo Clube Esgrima Compostela, a quen agradecemos o gran traballo levado a cabo para facer da esgrima moito máis ca un deporte.