21/6/2025 - Criterium Nacional florete e espada
A fin de semana do 21 de xuño disputouse o Criterium Nacional M13 en Madrid, onde 100Tolos tivo 6 representantes que acadaron un fantástico resultado cun total de 4 medallas.
Florete M13 2012
Lía Mora alzouse como campiona nesta categoría, obtendo medalla un ano máis.
Florete M13 2013
Lía Rodríguez completou o torneo como Campiona
Espada M13 2012
Lucila Antivero acadou a final obtendo a condición de Finalista. En categoría masculina, Roberto Cubeiro quedou ás portas da medalla, obtendo o 9º posto.
Espada M13 2013
Nesta categoría, Héctor Cancio-Donlebún acadou o pase ás finais, obtendo tamén a condición de Finalista. Nicolás Santiso completou a participación nesta categoría, rematando en 13ª posición.