4/10/2025 I TNR Espada Masculina Absoluta e debut na Liga Ouro
A fin de semana do 4 de outubro disputouse en Medida del Campo o I TNR absoluto de espada masculina. Nesta competicion, que se disputa en dúas xornadas, 1ª e 2º fase, acudiron 8 tiradores de 100Tolos.
Javier Gormaz, que acudiu preclasificado para a segunda fase pola súa actual posición no ránking nacional, rematou a competición no cruce de 32, acadando o posto 24 na clasificación xeral final. Jorge Pereira acadou o posto 74, Iago García o 77, ámbolos dous clasificando dende a 1ª fase para a segunda xornada de competición.
Non acadaron clasificación para a segunda fase o resto de 100Tolos, rematando Carlos Arita no posto 80, Adrián Vidal no 130, Xián Franco no 148, Gabriel Orro no 151, e Guillermo Belmonte no 173.
O equipo masculino iniciou tamén a participación na Liga Ouro nacional por equipos, comezando cunha victoria sobre o equipo 2 do Club Esgrima Pozuelo, concluíndo esta xornada cunha derrota contra o equipo do Club Navarro de Esgrima.
Toda a información da competición na web de engarde: