18/10/2025 I TNR Espada Feminina Absoluta Alcobendas
A fin de semana do 19 de novembro de 2025, disputouse en Valladolid o I TNR de espada absoluta feminina en modalidade individual e por equipos.
Representaron nesta competición a 100Tolos as nosas tiradoras Vera Pereiro, Nieves Eiriz, Laura Mora e Stefany López.
Na competición individual, a nosa cadete (M17) Vera Pereiro acadou un gran posto 62, sumando puntos para o ránking M20. Nieves Eiriz acadou o pase ó cruce de 128, rematando no posto 102, e Laura Mora e Stefany López, non acadaron o pase ós cruces e remataron nos postos 129 e 131 respectivamente na súa primeira participación nacional en categoría absoluta.
O domingo disputouse a xornada por equipos da Liga Plata, onde tras unha profunda renovación do equipo, e pese ás moi boas entradas acadadas especialmente por Laura e Stefany, non se acadou ningunha victoria. Unha gran xornada de aprendizaxe e rodaxe para un equipo que está en pleno crecemento.
Toda a información da competición no servizo engarde.
https://engarde-service.com/to...