17/5/2025 - Campionato de España Espada M17
O 17 de maio disputouse en Soria o Campionato de España de espada M17. 3 dos nosos tiradores acadaron a clasificación, pola súa posición no ranking nacional, para este torneo.
Na categoría masculina, Gabriel Orro acadou o posto 23, e Lois Longueira o 34. Na categoría feminina, Vera Pereiro rematou no posto 26.
Nesta competición, os nosos tiradores tiveron a ocasión de compartir viaxe co clube Compostela Esgrima, e, xunto cos tiradores do Club Esgrima Coruña completaron a participación galega na competición.
Máis información na web da RFEE: