29/6/2025 - Novos árbitros rexionais en 100Tolos
O 29 de xuño, durante os Campionatos Galegos de M17 e M20 de espada, e tras superar a proba teórica e práctica do correspondente curso de arbitraxe, leváronse a cabo os exames para a acreditación de árbitro por parte da Federación Galega de Esgrima.
Nesta ocasión, acadaron o título de árbitro todos os nosos inscritos, Vera Pereiro, Gabriel Orro, Telmo Miraz e Alberto Pereiro. Parabéns e grazas polo esforzo.