5/4/2025 Criterium Galego Miniesgrima M9, M11 e M13

100Tolos
24. may. 2025

O 5 de abril de 2025 disputouse en A Coruña, organizado por 100Tolos, o Criterium Galego de miniesgrima, nas categorías M9 mixta, M11 mixta e M13 masculino e feminino.

Nesta competición, última da tempada de miniesgrima, entregáronse tamén os trofeos da liga nas diferentes categorías.

M9

Nesta categoría, a gañadora do Criterium foi a nosa tiradora Daniela López, con outros dous 100Tolos en podio, compartindo 3ª posición Aimar Unamuno e Jean Paul Chagüendo. A ampla participación de 100Tolos completouse con Hana Trillo (5ª), Enma Sofía Fernández (6ª), Candela Herrera (7ª), Xulio Blanco (8º), e Xacobe Santos (9º).

M11

Nesta categoría, Manuel Lorenzo acadou un difícil e valioso bronce, completando a participación de 100Tolos Sofía Míguez (7ª), Anna Karolina Rivas (14ª), Lucas Mourenza (16º) e Mía Anido (17ª).

M13

A categoría M13 divídese para o Criterium en categorías masculina e feminina. Nesta segunda, a nosa tiradora Lucila Antivero resultou gañadora, pechando unha extraordinaria tempada. Lía Mora, acadou o bronce, con especial valor tendo en conta que a súa arma é o florete. Completaron a participación Priscila Ramírez (5ª), tamén floretista, Elisa Barcia (7ª) e Zoe Méndez (9ª).

En modalidade masculina, Roberto Cubeiro acadou a prata, e Nicolás Santiso o bronce, completando a participación de 100Tolos Héctor Cancio-Donlebun (8º), Lucas Peiyang Prieto (9º) e Pablo Mariño (11º).




¿Listo para empezar?

Explora SportMember o crea una cuenta de inmediato y comienza a administrar tu club. También eres más que bienvenido a contactarnos, nos encantaría ayudarte a configurar tu club.
¿Cuanto cuesta?
¿Qué necesidades tiene tu club? ¿Suscripción básica o PRO?
Detalles de precios
Lista de funciones
No hay 2 clubes iguales. Nuestras funciones cubren tus necesidades.
Lista de funciones