17/11/2024 II TGR Florete M11, M13 e M15
100Tolos participou no II Torneo Galego de Ranking de Florete nas categorías M13 mixta e M15. En M13 Lía Mora acadou un segundo posto e Lía Rodríguez o terceiro. Priscila Ramírez acadou o décimo posto e Hande Ozcakir o décimosegundo nunha competición con elevada participación grazas á asistencia de até 3 clubres portugueses. A crise na Federación Portuguesa de Esgrima e a falta de competicións neste país, está facendo que vexamos como moitos equipos acuden ás copeticións rexionais e nacionais para suplir esas competicións. Dende aquí desexamos que a situación se normalice o antes posible e se recupere a normalidade na esgrima portuguesa.
As nosas tiradoras, todas elas M13, participaron tamén na categoría M15 feminina, onde o mellor resultado foi o de Lía Mora acadando a sexta posición.
En M15 masculino competiu o noso tiradore Guillermo Sabín, que obtivo a novena praza.