15/03/2026 - Ouro no TNR Espada M15 e M13 de Ciudad Real
Ciudad Real foi o escenario dun novo Torneo Nacional de Ránking, onde a actuación das categorías mais novas de 100Tolos foi excelente.
O sábado, na categoría M15, Ángel Rivas resultou gañador da competición cun impresionante dominio en todos os asaltos, especialmente na fase de cruces. A calidade da esgrima xunto coa concentración e estratexia que conseguiu poñer sobre a pista foi tal, que fixo parecer doado un triunfo tan difícil como o que acadou.
Nesa mesma competición, Tomás Núñez rematou oitavo noutra competición de enorme calidade, e tras chegar ó cruce previo ás medallas, deixando moi preto a dobre medalla coruñesa. Roberto Cubeiro acadou o posto 19, Héctor Cancio-Donlebún (M13) o posto 48, e Quique Orro o 64.
Na categoría feminina, Lucila Antivero deu un paso máis na súa moi boa progresión nesta categoría M15, e acadou rematar no posto 39 da clasificación final.
O domingo, o turno foi para os tiradores da categoría M13, onde Nicolás Santiso rematou nun fantástico posto 6º na súa loita polas medallas. Hétor Cancio-Donlebún tivo outra destacadísica actuación e acadou o posto 11.
Fin de semana de merceidas recompensas ó gran traballo dos nosos tiradores ó longo da tempada e dos anos que se levan preparando para despuntar na espada nacional.
Toda a información da competición en Engarde.
https://engarde-service.com/to...