Obrigatoriedade de peto interior FIE (800NW) en torneos nacionais
O 1 de setembro entrou en vigor a nova normativa da RFEE que obriga a que o peto interior dos tiradores en categorías cadete (M-17) e superiores sexa FIE, con proteción de 800NW. Dende xaneiro deste mesmo ano, isto era unha mera recomendación, que agora pasa a ser requisito para a participación nestas competicións.
Trátase dun cambio importante que debemos ter en conta de cara a contar co material axeitado.
CIRCULAR_02-25_NORMAS_DE_MATERIAL.pdf
Podemos consultar todas as circulares con este tipo de cambios que publica a RFEE neste enlace.