7/8/2025 - InternationalFencingCamp en Bulgaria

100Tolos
7. ago. 2025



Do 2 ó 8 de agosto, están participando no InternationalFencingCamp en Borovets, Bulgaria, catro dos nosos tiradores. Trátase dunha importante preparación para a nova pretempada a nivel físico, psicolóxico e técnico. Neste campamento participan técnicos propios de internationalfencingcamp, preparadores físicos, e persoal para a xestión das sesións de entrenamento.

As sesións están supervisadas por tiradores olímpicos, nesta ocasión Rubén Limardo, ouro en Londres 2012, bronce por equipos en París 2024, e cunha tempada 24/25 fantástica, cun bronce individual en Doha, unha prata nos Campeonatos Panamericanos, e ouro por equipos na mesma competición. Nikolai Novosjolov, dobre campión mundial, e actualmente adestrador de Katrina Lehis, número 2 do ránking FIE. Do ranking feminino está presente Giulia Rizzi, ouro olímpico por equipos con Italia, e cunha tempada 24/25 excepcional, con victoria no Grand Prix de Bogotá e prata en Budapest.

As sesións compleméntanse con adestramentos individuais cos mestres olímpicos ou cos adestradores de International Fencing Camp.

Asisten a esta experiencia Vera Pereiro, Gabriel Orro, Antón Franco e Telmo Miraz.

Máis info do campamento en https://www.internationalfenci...

¿Listo para empezar?

Explora SportMember o crea una cuenta de inmediato y comienza a administrar tu club. También eres más que bienvenido a contactarnos, nos encantaría ayudarte a configurar tu club.
¿Cuanto cuesta?
¿Qué necesidades tiene tu club? ¿Suscripción básica o PRO?
Detalles de precios
Lista de funciones
No hay 2 clubes iguales. Nuestras funciones cubren tus necesidades.
Lista de funciones