28/9/2025 I TNR Espada Feminina M20 Barajas
O domingo 28/9/2025 disputouse a primeira competición nacional feminina de espada, que foi o I TNR M20 disputado en Barajas, Madrid.
Por parte de 100Tolos competiu Vera Pereiro, rematando nun moi bo posto 27, quedando a un tocado de acadar o pase a 16 tras unha emocionantísima remontada no terceiro asalto. Este resultado fai que Vera suba ó posto 6º do ránking M17, a súa categoría. Este resultado clasifica a Vera para formar parte do equipo nacional que competirá no vindeiro Circuito de Cadetes que se disputará en Budapest, acadando por segunda tempada consecutiva a súa clasificación para competición europea.
Este posto do ránking tamén da opción a Vera de acudir á concentración nacional PFCAR que se disputará no Centro de Alto Rendemento do Centro Superio de Deportes de Sant Cugat del Vallés, onde os principais tiradores por ránking de M17, M20 e M23 prepararán, durante unha semana, as primeiras competicións europeas.
Tivemos a sorte e o pracer de poder compartir competición coa tiradora Natalia Diez e o adestrador Xosé Piñeiro, de Compostela Esgrima, completando a participación galega nesta competición.
Toda a información da competición en Engarde
https://engarde-service.com/co...