III Encontro Liga Miniesgrima Florete
O 2 de febreiro disputouse en Vigo o III encontro da Liga de Miniesgrima de Florete. Na categoría M13 mixta, participaron 4 tiradoras de 100Tolos, acadando un fantástico resultado con dúas medallas.
Lía Mora acadou a prata, e Lía Rodríguez o terceiro posto. Priscila Ramírez rematou na oitava posición, e Hande Ozkariz rematou no posto 12, completando todas elas unha moi boa competición, e demostrando unha vez máis a proxección do florete no nos clube.
Toda a información da competición no enlace:
https://engarde-service.com/co...